Nós

O escaparate dixital dos negocios galegos: feito en Galicia, para Galicia.

Quen somos

Un directorio útil, honesto e de proximidade

Feira Galega naceu cunha idea sinxela: que calquera persoa atope, nun só lugar e no seu idioma, quen pode axudala preto de onde vive ou traballa. Como nas feiras de sempre, o importante é o trato directo entre veciños e negocios.

Organizamos as empresas por actividade, servizo e concello, coa toponimia oficial de Galicia, para que buscar un fontaneiro en Lalín ou unha asesoría en Ferrol sexa cuestión de segundos.

Feira Galega en cifras

  • 11Empresas
  • 313Concellos
  • 113Categorías
  • 565Servizos
  • Alta de balde, sen permanencia
  • Revisión de cada ficha antes de publicala
  • Os teus datos persoais non se publican

Como funciona

Para quen busca

  1. Busca

    Escribe que necesitas e onde: actividade, servizo, concello ou lugar.

  2. Compara

    Fichas revisadas con servizos, zona, horario, fotos e mapa.

  3. Contacta directamente

    Chama ou pide orzamento desde a ficha. Sen intermediarios nin comisións.

Para as empresas

  1. Dá de alta a túa empresa

    De balde: actividade, servizos, zona e contacto.

  2. Revisámola

    Comprobamos cada ficha antes de publicala e avisámoste por correo.

  3. Recibe clientes

    Chámante, escríbenche por WhatsApp ou visitan a túa web directamente. Ti xestionas a ficha desde a túa conta.

Compromiso

Os nosos principios

Datos reais

Non inventamos empresas, datos nin opinións. Cada ficha revísase antes de publicarse.

Publicidade identificada

Os anuncios van sempre marcados e separados dos resultados, que non se poden comprar.

Galego e castelán

Todo o directorio funciona nos dous idiomas, coa toponimia oficial do Nomenclátor de Galicia.

Privacidade

Sen cookies de seguimento. Contactas directamente coa empresa: non intermediamos nin vendemos datos.

Dúbidas

Preguntas frecuentes

Quen está detrás de Feira Galega?

Un equipo galego dedicado ao deseño web e á dixitalización de negocios locais.

De onde saen os datos?

Das propias empresas, que revisamos antes de publicar. A xeografía procede do INE e do Nomenclátor de Galicia.

Que é Feira Galega?

Un directorio de empresas e profesionais de Galicia para atopar quen pode axudarche preto de onde vives ou traballas e contactar directamente.

Como busco unha empresa?

Escribe no buscador que necesitas (unha actividade, un servizo ou o nome do negocio) e onde (concello, lugar ou provincia). Tamén podes navegar por sectores, provincias ou o mapa.

Como exploro un concello ou unha actividade?

Cada provincia, concello, actividade e servizo ten a súa páxina coas empresas publicadas, filtros e un mapa. Desde a provincia chegas aos seus concellos e desde cada actividade aos seus servizos.

Como contacto cunha empresa?

Desde a súa ficha: chamada, WhatsApp, web ou correo, cando a empresa os facilitou. Falas directamente co negocio, sen intermediarios.

Ten algún custo para quen busca?

Non. Buscar, consultar fichas e contactar coas empresas é de balde e sen rexistro.

Que significan «Empresa do mes», «Patrocinado» e «Ficha verificada»?

«Empresa do mes» ou «Recomendada» é unha selección do equipo. «Patrocinado» e «Publicidade» marcan espazos pagados, sempre separados dos resultados. «Ficha verificada» indica que o noso equipo comprobou os datos co negocio. A orde dos listados non se compra.

Vexo un dato incorrecto nunha ficha

Avísanos desde Contacto co motivo «A miña ficha» indicando a empresa. Se es o titular, podes corrixilo ti desde «A miña conta» ou reclamar a ficha.

Como sei que unha empresa é fiable?

Revisamos cada alta antes de publicala e as fichas comprobadas levan o distintivo «Ficha verificada». Non inventamos empresas nin opinións.

Teño un negocio: como aparezo?

Dá de alta a túa empresa de balde desde «Alta gratuíta». Se xa aparece, podes reclamala desde a propia ficha.

Para negocios de Galicia

Tes un negocio en Galicia? Que te atopen aquí

Crea a túa ficha de balde en poucos minutos. Os clientes da túa zona atópante por actividade e concello e contactan contigo directamente.

  • Alta de balde e sen permanencia
  • Ficha revisada antes de publicarse
  • Chamadas, WhatsApp e web directos a ti, sen comisións

Dúbidas? Fala connosco

  1. Completa a ficha

    Actividade, servizos, zona, horario e contacto.

  2. Revisámola

    Comprobamos os datos e avisámoste por correo.

  3. Atópante

    Apareces na túa actividade e no teu concello, en galego e castelán.

  • 11empresas publicadas
  • 313concellos
  • 113actividades